Lugo, novembro do 2013
A Xunta Directiva
Na páxina http://www.gzcultura.org/campantildeas.html estase a relaizar unha campaña pola titularidade pública e o desfrute universal do patrimonio artístico das antigas Caixas de Aforro Galegas. Podedes premer na ligazón para obter máis información e asinar a favor desta campaña.
Lugopatrimonio, lamenta a retirada do Museo Provincial de Lugo dos fondos de ourivería castrexa e pintura depositados no seu día polo mecenas lucense don Álvaro Gil Varela, debido á falta de acordo entre a Deputación Provincial e os herdeiros aos que o Tribunal Supremo, confirmou dúas sentenzas anteriores obrigando ao Museo a devolución, cuxa propiedade lle fora negada polo anterior presidente da Deputación, Francisco Cacharro Pardo. Agora, despois de varios anos de conversas cos herdeiros de don Álvaro Gil Varela, e como era de agardar, esta lección de pintura e ourivería váisenos, e con ela, o que até agora foi un símbolo lugués propio, colectivo, o cal nos empobrece e nos deixa na tristeza. Somos conscientes dos esforzos que o actual deputado de Cultura, D. Mario Outeiro, fixo, e iso é xusto lembralo. E botamos de menos tamén unha maior actividade por parte dos diversos sectores culturais da provincia de Lugo durante estes longos meses de conversas, encontros e desencontros, como tamén o estraño desinterese que ao respecto mostrou a Xunta de Galiza en todo momento.
Ante este fatal desenlace é de agardar que as institucións locais e autonómica fagan un esforzo para compensalo, investindo nos proxectos abertos de arqueoloxía, actualmente parados, e moi especialmente no Museo da Romanización que non só non reagrupa e reorganiza tanta riqueza de obxectos romanos atopados na cidade, senón que deixa no abandono total un edificio singular da mesma.
Esperamos, así mesmo, e como corolario desta experiencia, que outra grande colección artística galega, como é a de Nova Caixa Galicia Banco, pola desidia dos actuais gobernantes, non remate en mans dos coleccionistas europeos ou mesmo norteamericanos.
Lugo, a 25 de outubro do 2013
Por LugoPatrimonio, o presidente
Lois Diéguez
Outubro e Novembro
31 outubro, xoves: anotacións ás visitas e merenda do 30 de novembro, na Pazo das Pombas (Praza do Campo) entre 19 e 20.
15, venres: proxección da película "O nome da rosa", do director Jean Jacques Annaud, baseada na novela do mesmo nome de Umberto Eco , ás 19,30 h. no salón de actos da Deputación Provincial, como remate do ciclo "Coñecer o Gótico". Introdución: Lois Diéguez.
30, sábado: 15:30 h.: visita á Catedral de Lugo para ver: cubertas e parte gótica, pinturas da Capela Maior. De seguido, convento de san Francisco e San Domingos.
19 h., merenda: chocolate con churros no Hotel Méndez Núñez.
Decembro
Día 2, luns: anotacións para a Festa do 14, na Galería Sargadelos, entre 19 e 20 h.
Ás 20 h.: Asemblea Xeral anual, na Galería Sargadelos.
Día 14, sábado: Contos e música na Finca Galea de Alfoz: Entrega de premios aos asociados-as distinguidos este ano; contos, chistes e música con intervención aberta. Almorzo e xantar. Visitas á Finca da Galea e ao seu museo da Auga. Até as 20 h. que regresaremos a Lugo. Detallarase o Programa completo nos próximos días. Facemos unha chamada ás asociadas e asociados para que preparen as intervencións segundo o seu criterio.
Lugo, outubro 2013
A Xunta Directiva
Yago Rodríguez Yáñez (Lugo, 8-12-1980) é Licenciado con Grao en
Filoloxía Hispánica e Premio Extraordinario de Licenciatura, así
como Doutor dende os 25 anos cunha Tese sobre John Keats, coa que
obtivo a cualificación de Sobresaliente cum laude por
unanimidade, o Premio Extraordinario de Doutoramento e a acreditación
de Doutor Europeo. No ano 2002 defendeu a Memoria de Licenciatura
titulada El Alma en el verso: «Ode on a Grecian Urn» y la obra
de John Keats. Realizou estadías de investigación na British
Library e na Senate House Library (Londres), entre outros
centros. Actualmente desempeña a función de profesor no CPI Monte
Caxado (As Pontes de García Rodríguez).
Presentou numerosos escritos tanto de Literatura coma de Lingüística, ó tempo que practica a investigación e a creación literarias. Publicou versos en distintas revistas e recibiu no ano 2007 o primeiro premio de poesía correspondente ó V Certame Lucus Augusti.
Autor de gran número de ensaios en galego, castelán, francés e inglés, posúe traballos en torno a John Keats e a poesía romántica inglesa en xeral, Darío Xohán Cabana, Miguel Hernández, Tirso de Molina, Miguel de Cervantes, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán.
Información máis detallada das visitas no seguinte documento:
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.